Empoderando o sector artístico

Descobre como podemos transformar a túa paixón nunha profesión sustentable!

PRESENTÁMONOS

Nun momento de incertidume, cando o mundo parou por mor da pandemia no ano 2020, moitxs artistas e artesáns atopáronse sen apoio, sen recoñecemento e, por desgraza, sen ningún tipo de axuda legal.

Neste contexto, decidimos actuar

Web xesta iria

Eu son Iria

Teño unha sólida traxectoria en administración e finanzas

Web xesta iago

Eu son Iago

Teño anos de experiencia en recursos humanos e xestión de equipos

A historia de Xesta, para nós, foi a de voltar ás raíces, para marcar a diferenza na vida dxs artistas e artesáns da nosa terra.

Xesta non é unha asesoría “a granel”. É un movemento para normalizar e dignificar o traballo dxs artistas e artesáns. Queremos que todas as persoas que viven para a súa arte, poidan tamén vivir dela.

A NOSA MISIÓN

Normalizar e profesionalizar o sector artístico e artesanal

Queremos que cada vez máis persoas poidan converter a súa paixón nunha forma de vida sustentable e recoñecida.

Web xesta 31
Web xesta 31
Web xesta 38
Web xesta 38

A NOSA VISIÓN

Traballamos por dar a coñecer o movemento cultural e artistico co fin de conseguir un marco legal que se adapte a realidade dxs artistas e artesáns

A nosa visión é conseguir que a administración pública sexa consciente da necesidade de mellorar a normativa e a lexislación para adaptarse ás necesidades reais dos profesionais deste sector coñecendo os conceptos do folclore e do rural.

OS NOSOS VALORES

Cada proxecto é único, e a nosa filosofía baséase na escoita activa e na proximidade cultural. Ao traballar con nós, sentirás que formamos parte do teu proxecto, que estamos aquí para ser o teu apoio en cada pasiño do camiño.

Cercanía

Para nós, cada cliente é parte da nosa familia. O noso trato é persoal e amigable, e estamos aquí para escoitar, comprender e axudar a que superes calquera desafío.

Paixón

Amamos o que facemos, igual que ti, e por iso poñemos todo o noso empeño no teu éxito. A satisfacción do traballo ben feito é o motor que nos impulsa a dar o mellor de nós mesmxs en cada novo proxecto.

Empatía

Os camiños artísticos están cheos de desafíos. Sabemos o que se sinte… Entendemos as túas necesidades, e procuramos solucións que realmente marquen a diferenza na túa vida e no teu traballo.

Amor pola cultura galega

Somos defensores apaixonados da nosa cultura e tradición. Cremos na riqueza da nosa herdanza cultural e traballamos incansablemente para promover e protexer o talento local, contribuíndo a que a nosa cultura continúe vibrando.

O FUTURO DE XESTA

Temos grandes plans para seguir crecendo e mellorando as nosas solucións

O noso obxectivo é axudar a máis persoas a converter a súa paixón nunha forma de vida sustentable e recoñecida.

A TÚA HISTORIA CON XESTA

Cada proxecto que xestionamos é unha historia única. E queremos formar parte dela.
Queres que comecemos a escribila xuntxs?