Inicio » Rede Xesta » Beatriz Laranxeira

Foto 1

Beatriz Laranxeira

Espazo Laranxeira
14

O que ofrezo dende o Espazo Laranxeira:

Acompañamento psicolóxico e asesoramento sexolóxico.
En liña, esteas onde esteas, ou presencialmente na cidade de Ourense.

Formación e asesoramento a profesionais de distintas disciplinas e ámbitos: social, educativo, sanitario…

Formación en educación sexual para a comunidade educativa: alumnado de primaria e secundaria, profesorado e familias.

Formación e facilitación de grupos, en particular de grupos de mulleres.

Dende hai anos formo parte do colectivo galego @asdosex_sexoloxia, dedicado ao estudo, á formación e ao asesoramento sexolóxico.

Tamén formo parte do proxecto @basira_biografia, un equipo de profesionais de distintas áreas especializados en biografía e asesoramento. O noso eixo común é o acompañamento profesional con perspectiva biográfica.