Conecta, crea e medra coa Rede Xesta

Un espazo de inspiración e colaboración

Un dos nosos obxectivos é ver como as persoas que confían en nós non só medran pola súa conta, senón que tamén se conectan e colaboran entre si.

Queremos ser máis que unha simple asesoría. Xesta é tamén un punto de encontro onde podes compartir experiencias, ideas e proxectos.

A nosa rede é un lugar vibrante onde a creatividade flúe en todos os sentidos para procurar conexións fortes, creando un tecido cultural que impulsa a arte ata o infinito… E máis alá!

Previous slide
Next slide

Así facemos comunidade

Todo comezou co noso desexo de crear un espazo onde poideses atopar apoio non só a nivel profesional, senón tamén a nivel persoal.

CONEXIÓN E COLABORACIÓN

A rede Xesta está formada por unha variedade de talentos únicos.

HISTORIAS DE ÉXITO

Cando falamos da Rede Xesta, falamos de historias de éxito. E estamos encantadxs de que as coñezas!

Comunidade en crecemento

A nosa rede non para de medrar, sumando novas perspectivas e oportunidades para explorar novas posibilidades creativas.

Descobre ás integrantes da nosa #RedeXesta!

REBELICO REVISTA

Eva Fernández Prieto

Revista en liña de cultura tradicional galega.

É un espazo onde habitan novas, reportaxes e outros materiais audiovisuais que versan sobre elementos culturais galegos como música, baile, lendas, cantigas, literatura…

Non dubides en visitar o seu sitio web!

Fotografía de Marcos Rodríguez

ARANCHA GARCÍA MARKETING

  • Marca Persoal e estratexia de contidos: posicionamento da marca persoal en RRSS.
  • Estratexia de marketing e ventas.
  • Plan de dixitalización.
  • Formacións para empresas e organizacións para aprender a sacar o máximo rendemento a LinkedIn
  • Cursos de iniciación á IA.

COMPAÑÍA SATORI

Sonia Fernández Vázquez

Compañía de teatro.

TERRA MEIGA

Aarón Merelas

Terra Meiga é un santuario natural sito en Abegondo, no contorno da cidade de Coruña. Neste espazo desenvólvense actividades ao aire libre para o crecemento persoal a través da meditación, o ioga, talleres de respiración, círculos de palabra, sonoterapia, etc. Tamén é un espazo para disfrutar da natureza e comprender os seus diferentes ciclos, desfrutar do seu bosque autóctono ou achegarse ao mundo da permacultura no seu bosque comestible.

NUME PRODUCIÓNS

Unha nova axencia galega adicada a distribución, produción, programación de eventos e cobertura legal para o desenvolvemento cultural da música e as artes escénicas.

VÓRTICE MARKETING DIGITAL

Cristina e Alejandro

Empresa de Marketing adaptada as necesidades do mundo dixital.

Sergio Casal

Videografía e Fotografía desde as emocións

Son Sergio Casal, profesional da comunicación, videógrafo e fotógrafo. Desde pequeno cunha cámara na man.

Tras percorrer moitos lugares do mundo contalo no blog de viaxes toxio.gal e coa miña experiencia académica, profesional e vital, quero axudarche a contar a túa historia.

Xunto a Nuria, ademais de Toxío, comparto OCO Xeración de Contido, un proxecto no cal ofrecemos vídeos, fotografía e redacción de contido para terceiras persoas.

A miña meta é emocionarte para que ti poidas emocionar a outros.

Convirto en vídeo o que tes no teu corazón. Xuntos, intentaremos sacar da alma o que levas dentro para mostrarllo ao mundo.

Tanto como o teu proxecto, importa o que queres contar.

Coñece máis do noso traballo facendo clic aquí.

ABRIR O CHAT
DAMOSCHE A BENVIDA!
Ola!
En que podemos axudarche?