Inicio » Rede Xesta » Pablo Risco

PABLO RISCO

Pablo Risco

Risco Cerámica
Logo Negro Risco

Artesán e Deseñador Industrial especializado en cerámica

En Risco estudo, desenvolvemos proxectos para empresas e particulares

Deseño propio (3 liñas de produto): Vaixela/Decor – Iluminación – Obra de autor
Impartimos formación en torno cerámico, coa técnica que dominaban os mestres oleiros en Buño xa no s XVII, unha parte que nos encanta porque nos abre unha ventá á divulgación, e a mesturar o práctico co teórico.

A síntese das formas tradicionais da Olería de Buño é o carácter diferenciador desta marca, innovando en forma e función dende a raíz.