Inicio » Rede Xesta » Alexandra de Santos

Son educadora en benestar infantil e axudo á infancia, ás súas familias e a profesionais da educación a que os nenos e nenas poidan medrar cunha autoestima sa e un maior benestar emocional.
Ofrezo un servizo de acompañamento personalizado a familias e cativos, unha actividade extraescolar en liña onde os nenos e nenas aprenden ferramentas de educación emocional e comunicación respectuosa e tamén preparo obradoiros, conferencias e formacións a medida relacionadas co benestar da infancia. Por último, son autora de dous contos infantís: “Gracias a ti” e “La niña con la oreja de colores”.






