Inicio » Rede Xesta » Alomais teatro

Logo alomais teatro

Alomais teatro

Mateo e Isa
Logo alomais teatro

Alomais Teatro é unha nova compañía de teatro galega creada por Mateo Rodríguez e Isa Fernández da súa necesidade de dar forma a un desexo que lles remexe: facer un teatro que fale da xente, para que a xente fale do teatro. 

Conformada en 2025, comezaron a xirar co espectáculo Ca-Co-Flex!, unha comedia sobre a actual problemática da vivenda. A obra, dirixida e escrita por Isa, conta con catro actrices e unha escenografía feita completamente de cartón, sobre a que se reinventarán en cada escena parodiando a realidade que lles tocou vivir.

Mateo e Isa, formados xuntos, comezan tamén a súa andadura profesional da man, conformando este proxecto que define a súa forma de entender o traballo teatral: o traballo miudo e paciente de sacahar o espazo para que agrome a vida.