Inicio » Rede Xesta » MissLya

AldaraSedaREDES

MissLya

Aldara Conde
Logo MissLya2

MissLya é unha marca galega de accesorios elaborados con seda de moreira 100% natural, pensados para o coidado do cabelo, da pel e do descanso desde unha perspectiva consciente, suave e sostible.

O proxecto nace do desexo de transformar os pequenos hábitos do día a día en momentos de benestar. A través de coleteros, fundas de almofada e outros accesorios téxtiles, MissLya aposta por unha rutina de autocuidado máis amable, onde a beleza e o descanso conviven co respecto polos materiais naturáis e pola pel.

É tamén unha invitación a frear, a coidarse sen présa e a darlle valor a eses xestos simples que melloran a calidade de vida.