Inicio » Rede Xesta » Nume producións

Álvaro Carballo, Artur Puga e Patri S. Seoane son os nomes propios detrás de Nume Producións, unha nova axencia galega adicada á produción, programación de eventos e cobertura legal para o desenvolvemento cultural da música e as artes escénicas. Baseámonos nas aprendizaxes da sabedoría popular, para aportar comunidade, traballo e paixón, sempre cunha visión contemporánea, profesional e actualizada. Contamos con departamento de asesoramento fiscal, laboral, contable e xurídico especializados no sector artístico, co fin de sentar as bases dun proxecto firme para facermos cultura con calidade e corazón.
Nume quere aportar a todas aquelas que o precisen unha opción profesional ao menor custo posible. Para iso unha das nosas maiores apostas é crear un sistema de contratación e facturación adaptado ás necesidades de calquera que o reclame. Para iso, nós, facemos por ti, todos os trámites necesarios para profesionalizar a túa actividade musical ou de artes escénicas. Contratación, Altas na Seguridade Social, Facturación, Seguros necesarios para cubrir as actividades e Formación






