Inicio » Rede Xesta » Sergio Casal

Son Sergio Casal, profesional da comunicación e videógrafo. O meu traballo neste sector está baseado na idea de comunicar a través das emocións.
Redacción xornalística: como xornalista e politólogo, teño experiencia redactando artigos SEO para webs, producindo entrevistas e reportaxes, notas de prensa ou copys creativos. Podes ler algún artigo meu aquí.
Videografía: levo anos emprendendo como videógrafo e participando en diferentes proxectos tanto empresariais como institucionais e mesmo con ONG’s e pequenos autónomos. Déixoche aquí un exemplo.
Edición de vídeo e voz en off: tanto se precisas editar reels de eventos, como vídeos para a túa canle de YouTube, podo axudarche a acadar o mellor resultado. Tamén incluíndo voz en off para facer o teu vídeo máis profesional.
Tanto como o teu proxecto, importa o que queres contar. Se che apetece que traballemos xuntos, aquí estarei.






