Audiovisual

  • Tres Cuncas

    En Tres Cuncas transformamos ideas en experiencias visuais que conectan coas audiencias. Somos un estudo de deseño gráfico multidisciplinar e motion graphics, especializado en branding, deseño dixital e animación. O noso obxectivo é combinar unha estética moderna cun toque persoal, para axudar a marcas e proxectos a comunicar de xeito claro, memorable e creativo.

  • Laura Piñeiro

    Laura Piñeiro é montadora de cine e televisión graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e con mestrado en montaxe pola Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC). Ofrece servizos de edición de todo tipo de pezas audiovisuais, programas de televisión e películas.

  • Antonio Grunfeld

    Antonio Grunfeld é director e produtor de documentais sociais. Actualmente está especializado no desenvolvemento de proxectos documentais (tanto en dirección como en produción) e traballa con diversas produtoras e ONG’s en España e en países como Guinea Ecuatorial, Senegal, Marrocos ou Guatemala, utilizando sempre o documental como ferramenta de cambio social. Compatibiliza a produción audiovisual…

  • Sergio Casal

    Son Sergio Casal, profesional da comunicación e videógrafo. O meu traballo neste sector está baseado na idea de comunicar a través das emocións.  Redacción xornalística: como xornalista e politólogo, teño experiencia redactando artigos SEO para webs, producindo entrevistas e reportaxes, notas de prensa ou copys creativos. Podes ler algún artigo meu aquí. Videografía: levo anos emprendendo como videógrafo…