Comunicación e RR.SS

  • Esther Ruzo

    Ofrezo servizos de xestión integral de redes sociais, é dicir, dende a creación ata a publicación, para pemes e particulares. Estou especializada na creación de contidos de calidade. O meu obxectivo é rematar coa dor de cabeza que pode supoñer para profesionais doutras áreas levar a cabo estas tarefas, e que poidan centrarse no que…

  • Tres Cuncas

    En Tres Cuncas transformamos ideas en experiencias visuais que conectan coas audiencias. Somos un estudo de deseño gráfico multidisciplinar e motion graphics, especializado en branding, deseño dixital e animación. O noso obxectivo é combinar unha estética moderna cun toque persoal, para axudar a marcas e proxectos a comunicar de xeito claro, memorable e creativo.

  • Sergio Casal

    Son Sergio Casal, profesional da comunicación e videógrafo. O meu traballo neste sector está baseado na idea de comunicar a través das emocións.  Redacción xornalística: como xornalista e politólogo, teño experiencia redactando artigos SEO para webs, producindo entrevistas e reportaxes, notas de prensa ou copys creativos. Podes ler algún artigo meu aquí. Videografía: levo anos emprendendo como videógrafo…

  • Rebelico Revista

    Revista en liña de cultura tradicional galega. É un espazo onde habitan novas, reportaxes e outros materiais audiovisuais que versan sobre elementos culturais galegos como música, baile, lendas, cantigas, literatura… Non dubides en visitar o seu sitio web!